PASARON POR AQUÍ...


Contador web

viernes, 13 de agosto de 2010

IV Slalom Vila de Meira

Aquí vos deixamos o vídeo da cuarta edición deste slalom, que volveu a reunir na vila de Meira a un importante número de pilotos (arredor de 30) que se disputaron a victoria, sen esquecer a memoria do recentemente falecido Gabriel Galego Graña "Lari", D.E.P. un habitual destas probas...
A clasificación final foi a seguinte: http://slalomvilademeira.files.wordpress.com/2010/08/final-oficial-vertical.pdf

domingo, 4 de abril de 2010

Rali do Cocido 2010

Con un pouco de retraso aquí vos deixo o vídeo do Rali do Cocido, do pasado mes de marzo, e segunda proba puntuable para o Campionato Galego de ralis de asfalto; que gañou Alberto Meira, seguido de Bamarti e de Iván Ares en terceiro lugar, que sufría un percance nun dos tramos nocturnos, ao caerlle a parrilla de luces.
Como sempre, mención especial para os coches máis modestos, dando espectáculo igual.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Rali da Ulloa 2010 ¡Estrenando tempada!

Xa esta aqui a nova tempada,cun Rali Comarca da Ulloa pasado por neve...
Destacar no deportivo a victoria merecidísima de Alberto Meira, desquitándose así cunha rotundidade bestial do accidente do ano pasado. Pareceunos bó tamén o rali de Vilariño(anfitrión que está a dominar o Megane xa por fin), Yago Varela e Pablo Silva...Na RACC Alberto Otero e os irmáns Bello, qué maneira de correr!; Pedro Villar na Curuxa e, como non, Rubén Santás (Puro espectaculo coma sempre) ou Marcos Rodríguez, con ese 106 vermello que parece atómico e que dará moito do que falar...
Tamén queremos destacar a Marta e Sonia, que aínda que a mañá tiveron algún pequeno susto pareceunos que pola tarde ían bastante ben co seu Fiesta ST, e a pesares de ter que abandonar, se non me equivoco.
E non nos queremos despedir sen mencionar un precioso AX laranxa de Melide Motor que miña nai como iba!!!Jejejej!
Seguro que se me olvida alguén pero bueno, que non vos mencione non quere dicir que non vos tiveramos en conta, conste, así que noraboa a todos!!

E por último aquí vos deixamos unha pequena mostra do que vimos, tedes que perdoar pero nós tamén estreabamos "máquina" e tivemos problemas de xuventude con ela, e logo por se fose pouco, co editor de vídeos, por iso este retraso, pero agardamos telo solucionado para a próxima vez. Agardamos que vos guste polo menos un pouquiño, e se queredes opinar, prá iso estamos.
Saúdos, grazas por lernos (se é que alguén nos lee, jej) e vémonos nas cunetas!

martes, 9 de febrero de 2010

I Xuntanza do Motor en Lugo

Quentamos motores de cara á próxima tempada que xa comeza neste mes cunha selección de fotos das máquinas que se puideron ver na I Xuntanza do Motor da cidade de Lugo, organizada pola Escudería Miño, na cal participaron arredor de 60 coches, cos seus respectivos pilotos e copis. Puidemos ver, por exemplo, o novo Honda Civic de Avelino Basanta, o precioso Evo IX de Yago Varela "Pally", a nova montura de "Puigos", ese 106 con pinta de estar moi gordo, je, e os sempre vistosos coches do equipo Nupel, aínda que se trataba de dous Ford Focus RS, ao non estar a punto aínda os Fiesta...
Dende aquí queremos desexarlles moita sorte á todos, e a ver cando é o día que estamos nós ahí presentando tamén a nosa montura, jeje.
Saúdos, agardamos que vos gusten as fotos!












domingo, 1 de noviembre de 2009

III Slalom Vila de Meira

Logo do rali de Cabanas (no mesmo fin de semana, de feito) tocaba para nós outra proba das favoritas no noso calendario particular,o III Slalom Vila de Meira.

E o noso slalom preferido, e case se pode dicir tamén que ó o "da casa", así que fixemos un pequeno vídeo que a ver se vos gusta, xa que intentamos grabar máis "tipo slalom" e non tanto "tipo rallye",non sei se me entenderedes... pero bueno aí queda o vídeo...
Agardamos que sobre todo aos afeccionados a este tipo de probas vos guste, e agardamos os vosos comentarios e opinións coma sempre.

Graciñas e saúdos.

martes, 27 de octubre de 2009

Rali de Cabanas 2009

Logo do sabor agridoce que nos deixou o pasado rali San Froilan a seguinte cita no noso calendario era o rali de Cabanas, puntuable para o campionato nacional de terra, así que alí estivemos o sabado con moita chuvia e barro,moito barro!
Non somos obxetivos coa terra, pero encantounos o rali e os pilotos, que ademais nas entrevistas na radio nos pareceron todos moi simpáticos e educados.

No deportivo destacar sobre todo aos seguintes pilotos, aínda que todos merecen a noraboa:
Yeray Lemes, que a parte de ser super espectacular parece que crece como piloto, sendo cada vez máis rapido e con máis cabeza.
Tamén Xevi Pons(a min pareceme un pilotazo,unha magoa o percance que sufriu e lle impediu pelexar a victoria), Amador Vidal(tenos gañados totalmente,por agresivo e súper simpático,unha pena que non siga o campionato)...
Gustounos moito tamén Antxustegui co "pequeno" Golf Mk 2; Ricardo Vidal, que debutaba cun 106 que retumbaba en kilometros a redonda,e tamén nos gustou o piloto do Ibiza de apelido Vallejo, que aínda que sufriu algúns percances, deuno todo por sacar adiante o rali.
E só me queda por destacar a Blázquez (espectacular tamén) e, como non! a Nani Roma, que prá algúns de nós é un auténtico ídolo.

Aínda que tamén (e como sempre) nos gustaron moito os "pequeniños" en xeral: os Golf,os Ka,e o 205 rallye azul. Era incrible como saian dos barrizais!

E bueno, dito todo isto,aí abaixo vai o vídeo, a ver se vos gusta. Non terá a mellor calidade de imaxen pero desborda ilusión. Agardamos tamén as vosas opinións, coma sempre.
E acabo cunha frase que nos encanta:
A TERRA E A TERRA.
Ten algo moi moi especial.
Saudos e graciñas.


lunes, 14 de septiembre de 2009

Rali San Froilán 2009

Por fin o rallye da casa!!!
(antes de nada pedir perdon por actualizar tan tarde).
O certo e que iamos con moitas expectativas pois ata o de agora pasaramolo moi ben no Sanfro,pero tivemos moitas dificultades.Dar as grazas á xente que coñecemos e á xente que nos axudou co coche, e dar tamen as "grazas" a "familia Trapisonda" que no tramo de Queizán non nos deixou ver nada nin a nós nin á xente que chegara antes ca eles,pois puxéronse diante de todo arriscando a sua vida, demostrando non saber nin o que e un rallye nin o que e ter educación. En fin...

Polo deportivo encantounos o Nupel Team coma sempre jeje: tremendo "Chapas",moi ben Xevi,os Vallejos,Adrián e Guarc.
Dar tamén a noraboa a Pedro polo campionato,xa que inda que non somos os seus fans número 1 precisamente, no deportivo hai que recoñecer que sabe conducir,je.
Mención especial prá algúns pilotos que nos gustan especialmente á parte dos xa mencionados: Moito animo prá Alberto Meira (ese campión do grupo N!!),Lisi,Tuercas(como andan estes dous),Alberto Otero,Edgar e Fátima,Piugos,Goñi,Arturo,Lorenzo e un longo etc...
(a ver se imos poñendo algo deles co tempo xa que falar de cada un só por separado pareceria isto unha Biblia).

E bueno, aquí vos deixamos o video deste rali, a ver se vos gusta porque as pasamos canutas pa grabar,je.

Saudos,grazas pola visita e ata a próxima.